Boas,
estou bastante descontento con este portátil, quentase moito e o ventilador
non para de facer ruido. A pouco que lle des algo de "caña" o ventilador non
para.
Estaba pensando en cambiar de distro e de escritorio por algo que consuma
canto menos mellor pero que sexa +/- configurable. Pensei en Fluxbox con
wicd para non ter que andar a conectar vía consola. Ainda que sinceramente,
tal como quero usar ese portátil: internet e chat, estoume pensando
seriamente en tirar de .xinitrc e arrancar un chromium a pantalla completa
:D
Sabedes de algún programa ou mellor distro, que esté optimizada para estos
bichos? Probei Ubuntu, xubuntu, fedora, mint-lxde, debian non me acaba de
arrancar e instalar dende usb (creo recordar que nin me pillaba a tarxeta
ethernet, polo que habái que cancelar a instalación ó non haber paquetes),
etc...
Saúde,
Álex González
--
Please, don't send me files with extensions: .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt
and/or .pptx
http://mirblu.com