Isaac Abreu Rodríguez Secretario do Grupo de Amigos de
Linux de
Pontevedra, a indicación do Sr. Presidente, convoca a todos os socios
a Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o SÁBADO, 2 DE ABRIL, as 18:30
horas en primeira convocatoria, e as 19:00 en segunda convocatoria coa
seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2015
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2016
Así mesmo, convócase na mesma data SÁBADO, 2 DE ABRIL, a Asemblea
Xeral Extraordinaria as 19:30 en primeira convocatoria e as 20:00 en
segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta
Directiva por impago de cotas.
As Asembleas terán lugar na cafetería «Carballo3» das Travesas.
Prégase a asistencia de todos os socios (lembrar que para exercer o
dereito a voto, debe estarse ao día no pago da cota, lembrámosvos así
mesmo que a cota é por anos naturais).
_______________________________________________
GALPon mailing list
GALPon(a)listas.galpon.org
https://listas.galpon.org/listinfo/galpon
--
Nos leemos
RASTER (Linux user #228804)
raster(a)rastersoft.com