¡Boas lista!
Antes de nada presentarme, son Álex (de rianxosencabos e Agnix) algún de vos
xa me coñeceredes da XGN ou da OSWC ;)
Bueno, a cuestión é que levo un bo cacho "disctuindo" con Miguel Bouzada
sobre si comprarme un Acer Aspire One ou un Asus EEE e quería saber as vosas
opinións para saber por cal decantarme. O que teño agora mesmo é un dell
mini 12, pero o seu soporte para Linux é pésimo, montaronlle unha Intel GMA
500 que foi subcontratada por ATI polo que os drivers son auténtica bazofia.
O que quero é un equipo con batería de mínimo 6 celdas, e ó que lle poida
enchufar sen problemas unha pantalla externa para traballar na casa e que
colla esa resolución. Pantalla preferiblemente de 10" en adiante.
¡Opinións!
PD: ¿Os dous van a tope en Linux non sen necesidade de facer malabares?
Graciñas,
Álex González
--
Please, don't send me files with extensions: .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt
and/or .pptx
http://mirblu.com