Creo que para unha instalación de 32 cámaras, e dependendo do "critico" que
sexa o nivel de control preciso hay que ter en conta, antes de nada, algun
criterio. Eu planexariao así:
1.- Captura e transporte da imaxe.
1.1.- Eleccion de cámaras en función das necesidades de resolución (só
información ou tamén identificación) angulo de cobertura, condicións
lumínicas. etc.
1.2.- Soporte das cámaras, motorización para Pan/Tilt e zoom, carcasas
intemperie, etc.
1.3.- Medio de transporte, fíos (hay varias formas en función das distancias
con e sin conversores e/ou rexeneradores-amplificadores do sinal) inarámica
ou internet-intranet
2.- Guarda das imaxes e visualizacion en tempo real # Si se pretende un uso
crítico, esta debe ser unha equipa "dedicada" para evitar colisións de
datos,
2.1.- Conversión da imaxe recibida a ogg, mpeg etc.
2.2.- Salvaguarda. Aqui optaría por discos SCSI en RAID ou, ainda millor
unha replica (espello)
2.3.- Forma de visualización, 32 cámaras =32 monitores ou 8 monitores con
cuadralizador, visualización secuencial etc...
3.- Visionado de control e xestión das imaxes gardadas
3.1.- Acceso os datos gardados no servidor (?) de imaxes de xeito
predefinido (transporte a outro medio, como pode ser DVD) revisión de
acontecementos temporais anteriores, etc.
3.2.- Sistema de identificación por rasgos faciais etc.
Cada unha destas partes merece un tratamento individualizado, xa que
plantexan problemas moi diferentes, e importante definir ben o apartado 1,
xa que si de entrada temos información de calidade/cualidade non axeitada,
todo o resto será tan deficiente como eso.
Xa sabes, cando queiras seguimos :-)