Ola de novo.
Fago unha pequena corrección xa que non entendera ben a encomenda que me
fixera o Asesor de GALPon ao respecto.
Necesitamos, por causas legais, que actualicedes os datos e,
importantísimo, que asinedes dixitalmente ou manualmente o formulario,
concedendo autorización para o uso dos datos.
Como veredes no propio formulario, esta autorización é só para a
conservación dos datos a efectos de control e de notificación e información
da propia asociación, como ven sendo ata o de agora.
NOTA: Esquecede os formularios do fío anterior sobre este mesmo tema.
Grazas e desculpas.
Miguel A. Bouzada
Presidente de GALPon