---------- Mensaje reenviado ----------
Subject: [LUGS] [Fwd: [Rolda] Actualidade sobre patentes - EPLA]
Date: Lunes, 18 de Septiembre de 2006 20:53
From: "Suso Baleato" <suso(a)ffii.org>
To: lugs(a)linux-galicia.org
---------------------------- Original Message ----------------------------
Subject: [Rolda] Actualidade sobre patentes - EPLA
From: "Suso Baleato" <suso(a)ffii.org>
Date: Mon, September 18, 2006 1:25 pm
To: rolda(a)mesagalega.info
--------------------------------------------------------------------------
Como saberedes, as oficinas europeas de patentes continúan aprobando
patentes de software, forzando a interpretación dalgunhas leis e convenios
relacionadas co tema. As oficinas de patentes son organismos emanados do
Convenio Europeo de Patentes; paradóxicamente o mesmo que no seu artigo 52
exclúe o software como materia patentabel. Isto é importante por que
moitas veces queren facernos crer que son organismos de interese público,
cando en realidade non están sometidos ao control institucional nin
democrático.
Con todo, debe quedar claro que estas patentes _non_ teñen validez
xurídica en Europa, en grande parte pola implicación de moitos/as de vós
nas recentes campañas de protesto (peche de webs, sinaturas,
manifestacións e outras).
A cousa é que os grupos propatentes continúan no seu empeño para legalizar
as patentes de software que estas oficinas están validando. Como saben que
os europarlamentarios non queren nin oir falar do tema "patentes de
software", o que fan é tratar de legalizas por elevación, ou sexa,
establecer mecanismos para a legalización de toda clase de patentes
(biolóxicas, semiconductores, químicas, etc) incluíndo sen mencionalas, as
patentes de software.
Esto é precisamente o que tratan de facer agora coa EPLA. Estas son as
siglas de European Patent Litigation Agreement, ou sexa, Acordo Europeo
sobre Litixios de Patentes. A EPLA quere ser unha lexislación que funcione
á marxe das institucións europeas, e o que pretende é que os litixios que
haxa sobre patentes sexan xulgados por organismos xudiciarios que
dependerían en última instancia das oficinas de patentes das que falaba ao
principio. Por suposto, isto significaría que as patentes de software
acabarían legalizandose no meio prazo, por que en última instancia a súa
legalización dependería xustamente das oficinas de patentes.
A EPLA sería válida só naquiles países que a ratificaran. No caso do
estado español, sei que nistes momentos a posición é de non ratificación
da EPLA, por que suporía unha interferencia no sistema xudiciario español
e por que as patentes non se traducirían ao español na súa integridade (so
ao alemán, ao inglés e ao francés). Pero esta situación podería cambiar se
houbera un compromiso de traducir as patentes ao español nun prazo
"razonabel" de tempo.
A efectos prácticos, o próximo evento importante terá lugar a finais de
setembro, seguramente o día 25. Nesta data o plenario do europarlamento
votaría unha resolución de apoio á EPLA que nos podería facer moito daño
se saíra aprobada, xa que non poderíamos decir como agora que o
europarlamento está en contra das patentes de software.
Por tanto, o movemento que veremos na rede durante as próximas semanas
terá relación con isto. O obxecto, de novo, será informar aos
europarlamentarios/as das verdadeiras intencións desta EPLA. Como
alternativa, debemos propoñer que os traballos das institucións europeas
continúen co seu curso, e que o sistema de patentes europeo xurda como
resultado democrático das institucións, e non como triquiñuela legal das
oficinas de patentes.
Para estar ao tanto deste tema, en Galiza temos a lista da Mesa Galega a
Prol da Innovación, no que vos podedes inscreber en
http://listas.cesga.es/mailman/listinfo/rolda
A nivel estatal, estaría ben inscreberse en:
http://lists.ffii.org/mailman/listinfo/es-parl
E a nível europeo, a información máis actualizada está en:
http://lists.ffii.org/mailman/listinfo/bxl
_______________________________________________
Rolda mailing list
Rolda(a)mesagalega.info
http://listas.cesga.es/mailman/listinfo/rolda
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>