On Sun, Jan 20, 2013 at 5:03 PM, Álex González <agonzalezro(a)gmail.com>wrote;wrote:
Boas!
Parece que si era o tema do FakeRaid, executando esto:
sudo dmraid -E -r /dev/sda
Con esto o disco duro aparecía e puden redimensionar e instalar.
Problemas agora:
1. non me mostra grub. Parece que hay algunha opción para instalar grub
fora do raid redimensionando e movendo cousas con dd (o que me da un pouco
de medo ó non ser o meu pc) e parece que hay outra que é usando o
bootloader de Windows?
O primeiro, é cubrirse as costas e facer un backup: dende ubuntu live fas
un emborcado do disco duro a un arquivo noutro disco duro externo por USB
(tarda un pouco pero terás unha réplica exacta para restaurar en caso de
pánico):
dd if=/dev/sda | gzip > /media/EXTERNAL_USB/sda.dd.gz
/dev/sda poida que teñas que sustituilo por as particións RAID que che
aparecen en /dev/mapper/XX
O segundo que me plantexaría é ver se podo desactivar o FakeRAID na BIOS xa
que teño dúbidas de que se obteña rendemento algún usando un só disco
(incluso poida que vaia un chisco máis lento ao ter que xestionar o propio
kernel o RAID). Con esta opción, as particións que tes agora instaladas
"desaparecen" porque están repartidas polo disco duro en formato de RAID.
Aquí explica ben como facelo rescatando esas particións:
http://askubuntu.com/questions/159645/dual-boot-installation-of-ubuntu-12-0…
Ese HP ten unha SD co FakeRAID? Que modelo é?
O de usar o dd que dis supoño que é para o backup da MBR:
http://www.cyberciti.biz/tips/linux-how-to-backup-hard-disk-partition-table…
O plan B (complexo) é tratar de usar GRUB2 con FakeRAID e xa ten máis
tralla: probaría primeiro de instalar Ubuntu nun pendrive sen tocar o disco
duro máis que para tratar de acceder as particións en readonly. De acadar
esto último o seguinte paso sería tratar de facer o mesmo usando unha
partición "boot" na parte baixa do disco duro principal.
--
Rafa Couto
GNU/Linux user #99126 - *http://bit.ly/LC-99126*
GPG key -
http://bit.ly/GPG-D76ABDEC