Ola xente
O pasado luns ao conectarme a Openbank, Firefox advertiume de que o certificado
de seguridade do sitio estaba caducado. Mirei os detalles e vin que se trataba
dun certificado emitido por Verisign o 17/10/08 e válido ata 18/10/09.
Como onte seguía caducado, chamei ao banco para queixarme e *me dixeron que
era problema do meu sistema operativo* e que non era a primeira chamada que
recibían sobre o asunto.
Picoume a curiosidade, así que abrín Windows XP con VrtualBox e comprobei que
efectivamente tanto MSIE como Firefox abrían sen problemas a páxina de
Openbank. Asombrado vin que a páxina estaba a empregar un certificado
diferente, emitido por Akamai Subordinate CA 3 o 23/01/2009 e válido ata o
21/01/2009.
Sei que Openbank é totalmente hostil ao software libre. Comprobeino hai un par
de anos cando renovaron a interface web á medida do MSIE. Con todo, como é
posible que conectándome con Linux a conexión empregue un certificado de
seguridade diferente que nunha conexión desde Windows?
Alguén pode aportar un poco de luz sobre este asunto?
Saúdos,
--
José A. Fernández Troncoso
http://www.troncoso.info
Linux User #454805