Isaac Abreu Rodríguez Secretario do Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra, a indicación do Sr. Presidente, convoca a todos os socios a
Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o SÁBADO, 29 DE MARZO, as 18:30
horas en primeira convocatoria, e as 19:00 en segunda convocatoria coa
seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2013
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2014
Así mesmo, convócase na mesma data SÁBADO, 29 DE MARZO, a Asemblea Xeral
Extraordinaria as 20:30 en primeira convocatoria e as 21:00 en segunda
convocatoria, co seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta
Directiva por impago de cotas.
As Asembleas terán lugar na «Residencia Altamar».
Prégase a asistencia de todos os socios (lembrar que para exercer o
dereito a voto, debe estarse ao día no pago da cota, lembrámosvos así
mesmo que a cota é por anos naturais).