Cajo no carallo! isto semella Barrapunto!
Pensei que estaba lendo un flame en troques da lista de correo do Galpón!
Parecedes usuarios de MAC e de Windows discutindo sobre cal é mellor (yo
la tengo mas gorda; pues yo mas larga! )
Algunha vez escoitastes unha charla de Stallman? O importante non é ista
ou outra distro, este ou outro kernel, este ou outro SO.
O importante é que sexan libres, que respecten a liberdade do usuario.
Que empreguen estandares.
Que queres empregar Debian? Perfecto. Que queres empregar Ututo? igual
de perfecto. Queres empregar Ubuntu? Tamén perfecto.
Cada quen ten que instalar a distro que se afaga ás súas necesidades. Se
és un usuario doméstico, posíbelmente che convén Ubuntu, se és un
administrador de servidores ou desenvolvedor posibelmente che convén
Debian. Aquí o único peor é que sexa privativo. Ou é que agora imos
discutir sobre cal é mellor se o moreno ou o loiro? Que é mellor un
camión ou un coche? Pois depende para que o uses.
Pois no software libre é igual!!!!
E pra finalizar, por favor, non intoxiquedes as listas do Galpón con
estas eternas discusións que non levan a nada. Imos aproveitar o tempo
EN PENSAR COMO AUMENTAR O USO E EXPANSIÓN DO GNU/LINUX E SOFTWARE LIBRE
EN VIGO E NA PROVINCIA, QUE MOITA FALLA FAI.
Saudos a todos e todas (que seguro que algunha moza tamén hai por aiqui)
PD: Eu emprego Debian como servidor e desenvolvemento electrónico e
Ubuntu noutra equipa de uso doméstico.