Bueno, vexo que hai moito interese en aplicar GNU/Linux a equipas
Apple, moito mais de que maxinaba.
Aclaro: Dispoño de duas equipas de ESCRITORIO:
Unha G4 (dubido se é DigitalAudio ou Quick Silver) procesador a 800
MHz -tipo 2,1- 768 Mb de memoria SDRAM,dous discos duros, un seagate
ultra ata de 40 Gb e un scsi de 37 Gb (controlado por tarxeta pci
9004,785' -ADAPTEC- ) modulo de rede gigabite (orixinal Apple) e
tarxeta grafica AGP ATI RV200 Blue Stone 32 Mb VRAM con saidas VGA e
más DVI, son incorporado con e/s analoxicas
E outra G5 procesador DP 1800 MHz (Dual Pocesor) 384 Mb por bancada
de procesador (total 768) un disco SATA 40 Gb Taxeta gráfica nVidia
GeForce FX5200, audio integrado Texas Instruments TAS3004 con e/s de
fibra óptica (dixitais pólo tanto)
O unico problema (?) que teñen estas equipàs é a alta rumorosidade,
especialmente a G4 a causa dos seus potentes ventiladores (6 no caso
da G5)ainda que esta ultima, se non acada valores altos de
temperatura, a marcha "moderada" dos ventiladores fai que sexa case
inaudible. facendose estrepitosa cando os procesadores traballan de
arreo.
Asemade, dispoño dunha tarxeta gráfica ATI Radeon 9200 SE MacEdition
(PCI) pero non así do cd de instalacion, polo que esta non operativa
Se alguen se atreve a "tutelar" a instalacion dun GNU/Linux nunha
delas, coñecendo de anteman a miña inorancia neste sistema, adiante,
agardo novas.
miguelbf(a)jabberes.org