On Sunday 27 March 2011 16:56:10 Rafa Toucedo wrote:
- Si no uso GDM no tengo boton GUI para apagar la
máquina, no puedo
agregarlo dado que no existe. (si uso GDM me aparece el botón y funciona
perfectamente).
- No consigo un frontend para Pacman
- La hora me vuelve loco, configuro el reloj con coordenadas GPS (uso GNome)
y no hay tu tía, lo único lanzo a mano un ntp contra hora.rediris.es, pero
no veo la forma de configurarlo de forma "estática".
Respecto á primeira e a terceira preguntas: nin idea. Eu que ti ía ao wiki de
Arch, que é dos mellores que hai, e alí seguro que atopas a solución. E senón
nos foros.
Respecto do da interface gráfica para Pacman, cando era usuario de Arch usaba
Shaman, pero o seu desenvolvemento quedou parado, e probablemente para cando
se retome non será xa para adaptalo a Pacman, xa que os seus desenvolvedores
orixinais son os desenvolvedores de Chakra GNU/Linux, que está a desenvolver
un xestor de paquetes de seu. Porén, dado que o desenvolvemento continuará
dende o seo de KDE, pode (e espero) que se adapte a máis sistemas de xestión
de paquetes.
Agora hai pouco metemos en Chakra o AppSet para o tempo que sigamos a empregar
Pacman. Trátase dun frontend en Qt, algo rechamante (no sentido negativo na
miña opinión) e cun aspecto pouco coidado, pero supoño que pode valer
(persoalmente seguirei coa interface da liña de ordes de momento).
En calquera caso, por se prefires algo de GTK (que ten pinta), parece que tamén
hai. No wiki de Arch (que insisto, é un recurso moi importante e que deberías
ter moi a man) hai unha lista de todos eles:
https://wiki.archlinux.org/index.php/Pacman_GUI_Frontends
Espero que che sirva.