Nestes días xurdiume un problema ao que non din atopado solución na rede.
Resulta que cando tento imprimir un pdf quédaseme bloqueado o visualizador
de documentos evince. Probei co Kpdf e tamén da o mesmo problema. Tamén me
pasa cando quero imprimir unha imaxe. No Firefox outro tanto, nin tan
siquera me deixa previsualizar a impresión, péchase o navegador.
Curiosamente, si tento imprimir un arquivo de texto ou folla de cálculo co
Openoffice non teño problema nengún.
Sabedes de onde pode vir o problema?
--
Linux User #468530 - Ubuntu User #21271
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx
Instale OpenOffice dende
http://www.mancomun.org, é LIBRE, DE BALDE,
totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes de oficina, e está en
continuo desenvolvemento."