Hola!
Duas suxestions:
Se che gusta cacharrear, mellor qnap q synology, xa q moitas qnap teñen
soprte Debian oficial.
Se non vas montar un cluster de varias NAS, valora FreeNAS basada en
FreeBSD e con ZFS. Ata o momento non hai nada en Linux que se lle compare.
Un saúdo!
Em 22/05/2015 11:12 PM, "Miguelanxo Otero Salgueiro" <
miguelanxo(a)telefonica.net> escreveu:
Xa tardaba en aparecer synology!
Eu son máis partidario de QNAP, que tamen vai con linux. Cero problemas.
Con repos de paquetes binarios (p.e. Perl e rsync)...
Nos temos varias, dende 2 a 8 discos. Van moi ben, incluso para iscsi. E
un pouco cuestión de gustos. Fire&forget :D
Enviado desde mi smartphone BlackBerry 10.
*De: *Álex González
*Enviado: *viernes, 22 de mayo de 2015 21:58
*Para: *Lista pública de GALPon - Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra
*Responder a: *Lista pública de GALPon - Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra
*Asunto: *Re: [GALPon] Montar un NAS
Con ese orzamento pensaches en mercar algo como un Synology, fai todo o
que necesitas e máis.
Se queres meterte a cacharrear con SSOO, tes distros para o tema [1].
Cando merquei o meu invesitguei máis e había bastante movemente OS sobre o
tema.
O feito de recomendarche un Synology e non que te montes o teu PC é porque
esos aparatos están feitos solo para eso. Ruído cercano a 0, espacio
mínimo, etc...
[1]
http://www.xpenology.nl/
2015-05-22 18:54 GMT+01:00 <suscricions(a)gmail.com>om>:
Boas.
Como seguramente teña que mercar un portátil por temas de traballo
estaba pensando en vender a torre e montar un NAS. Total non xogo moito
(ou nada) e quedaría principalmente como servidor de arquivos, DLNA e
seedbox.
As premisas son as seguintes:
-Orzamento aproximado de 450-500 €
-3 HDD para facer RAID 5
-A poder ser con refrixeración pasiva
-PCComponentes vai a ser a tenda preferente
-Linux, of course ;)
Sei que este tema da para moito. Polo momento chégame con resolver
dúbidas xeráis antes de empezar a escoller componentes:
-¿micro ATX ou miniITX? A segunda opción chámame máis por aquelo de
montar unha caixa máis pequena
-¿Algún problemiña salientable con Linux en placas con estes factores
de forma?
-¿socket Intel 1155 (4ª xeración e *toc*) vs 1150 (5ª xeración e *tic*)?
-¿Gráfica integrada na placa ou no procesador? Non creo que lle instale
contorna gráfica. Pregunto por se o reproducir pelis en HD da hostia
pode haber algunha diferencia
-¿Teño que mercar os HDDs en tendas diferentes para que non sexan da
mesma tanda de produción?
-¿Refrixeración pasiva implica necesariamente baixo TDP?
Moitas grazas!
--
Miguel
_______________________________________________
GALPon mailing list
GALPon(a)listas.galpon.org
https://listas.galpon.org/cgi-bin/mailman/listinfo/galpon
--
@agonzalezro <http://twitter.com/agonzalezro> or my blog
<http://agonzalezro.github.io>
Please, don't send me files with extensions: .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt and/or .pptx
_______________________________________________
GALPon mailing list
GALPon(a)listas.galpon.org
https://listas.galpon.org/cgi-bin/mailman/listinfo/galpon