Reunidos en Vigo, a 28 de Novembro de 2009, en segunda convocatoria de
Asamblea Xeral Ordinaria, os Socios de GALPon na Cafetería Medalla de Oro, coa
seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, do acta da reunión anterior
2.- Examinar e aprobar a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio 2008
4.- Aprobación do plan de actividades para 2009 - 2010
Punto 1
Queda aprazado ata próxima Asamblea por non estar accesible o documento.
Punto 2.
Actividades realizadas 2008 - 2009
Actividade da día das letras galegas (conferencia en Ames a cargo de Miguel
Bouzada). Estase pendente de recibir os cartos do traballo realizado.
GALPon Minino (continuouse co traballo comezado anos anteriores).
Gravacións das conferencias de GALPon realizadas dende 2004. Editáronse e
montáronse estas gravacións con cargo á axuda concedida pola Secretaría Xeral
de Modernización. Só resta rippear os DVD e subilos ao servidor. Licencia CC-
BY-SA. A empresa Igalia tamén colaborou coa súa financiación a través dun
patrocinio de 400 euros.
Reunións previas para a creación da Federación. Estanse realizando reunións
periódicas para consensuar o borrador dos estatutos da futura Federación. A
última realizase o día 5 de Decembro. Dentro dos obxectivos da Federación
están:
Crear un grupo con maior operatividade
Crear unha oficina de prensa (relacións externas, novas, etc)
Reducir gastos de asesoría
Ter certa representatividade da comunidade de Software Libre ante á Xunta
Aunar recursos en rede (unificar servidores e servizos)
Crear un foro de Soft Libre único en Galicia
Unificar contidos técnicos (HOWTOs)
Crear un servidor de contas de correo (non quedou moi claro a súa
utilidade)
XGN 2009. Houbo boa presencia da comunidade de Software Libre pero o espazo
non foi explotado correctamente. Refírese á descoordinación coa organización
do evento que sentíase como "perdida".
Punto 3.
Se examinan e aproban as contas ata o día da Asamblea.
Quedan pendentes de que se devolva á Asociación os cargos indebidos da
anterior Asesoría.
Tamén queda pendente de ingreso o importe da axuda concedida que se pagou por
adiantado.
Por outra banda a aportación de Igalia será efectiva cando se lles envíe
factura e se realice o cobro polo patrocinio.
Punto 4.
Plan de Actividades 2009 - 2010.
Continuar co proceso de creación da Federación
Realizar un ciclo de conferencias temáticas:
Programas alternativos aos privativos
Continuar dando soporto á GALPon Minino 2.0 (Squeeze)
Participación no Festigal (dependerá da organización)
XGN (dependerá da organización). Vese interesante para presentar a nova
Federación.
Como actividade complementaria a estes eventos considerouse interesante
ofrecer un Servizo de Asistencia Técnica (SAT) para aquelas persoas que
precisen axuda co GNU/Linux...
Punto 5.
Rogos e preguntas.
Considerouse axeitado que as actividades da Xunta Directiva (en especial as
actas próximas) sexan públicas para o resto do grupo. Esta premisa terase a
partir de agora salvo que algún acordo da Xunta Directiva poida interferir
nalgún proceso que precise de certa confidencialidade.
Polo momento nada máis.