Temos recibidas moi poucas opinións sobre o futuro da
participación, ou
non, de GALPon na proxectada federación (ou como raios se remate chamando).
Na miña opinión é necesaria por:
1. Independencia de consellerías e cambios políticos: Mancomun foi un
artificio da consellería de industria e non tiña nin personalidade xurídica.
Os recursos que aportou os guls foron (son) valorados positivamente, pero se
creou certa dependencia da que agora co cambio de goberno non se sabe que
ocorrerá (tirarán do cable dos servidores?).
2. Conexión entre GULS: en Galicia deuse (pola configuración feudal que
temos en núcleos urbanos) en aparecer unha masa de grupos relacionados co
software libre, case todos ben localizados no seu ámbito xeográfico. Son 15
asociacións (censadas actualmente por mancomun) e outros grupos de traballo
(traductores, etc) que deberían estar coordinadas dalgún xeito para levar
accións comúns. Nestes intres só hai unha lista de correo para falar, pero
se precisa doutro "ente organizativo" para, por exemplo, levar accións
mellor coordinadas, coordinar recursos comúns, ou teren personalidade
xurídica na que recaian marcas ou facturas dos recursos compartidos...
E como non vexo inconvenientes, tan só fai falla que haxa alguén de cada
asociación que aporte un gran de area, pero eso tedes que gobernalo vós, os
actuais directivos :P
Saúdos, RC
--
Rafa Couto -
http://caligari.treboada.net
GNU/Linux user #99126 -
http://counter.li.org