El Martes, 22 de Abril de 2008, xosemarcote escribió:
Semella que alguén usurpou a miña conta para mandar
spam. Síntoo, pensaba
que iso só me pasaba co Windows, pero terei que andarme con moito ollo.
Algunha recomendación de seguridade? No Trisquel viña instalado o
Firestarter, pero en Ubuntu non vexo que estea instalado. Pode ser por iso?
Quedei flipado.
Non te preocupes, a mensaxe que enviou alguen co teu remitente foime
notificada polo mailman porque había "demasiados destinatarios" e descarteino
da lista logo de ver o seu contido de "basura" polo que non chegou á lista.
Usurpar a identidade non é moi complicado, tan só tes que cambiar a
configuración do teu programa de correo electrónico e xa está.
Coido que non é un problema do teu sistema se non de que a túa dirección de
correo está sendo utilizada por algún robot de SPAM en Internet para enviar
basura. Eu non me preocuparía pero sí tería máis coidado en poñer a dirección
de correo nas páxinas web ou reenviar mensaxes encadeados onde aparecen
centos de direccións de correo que se poden usurpar facilmente.
Sobre o tema do Firestarter, isto é simplemente un cortalumes (firewall) que
tapa os portos que poidas ter abertos de cara ao exterior pero dubido moito
que alguen empregara o teu ordenador para enviar a mensaxe.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>