O único teléfono con un S.O. Linux "de verdade" que podes ter, é o Nokia N900.
Os demáis non deixan de ser un kernel con parches pechados e unha capa sobre
él totalmente pechada tamén.
Para pillar ese Samsung ou un Android, tamén me vale un Nokia barato con
Symbian que é tan aberto (ou máis). De feito, o meu Nokia E71 é pechado pero
funciona ben con Linux para as cousas do día a día, pero ocúrrelle o mesmo que
ao teu, para actualizarlle o firmware ou algunha cousa especial máis, precisa
de Windows.
Devólveo se estás a tempo :P
O Quinta-feira, 11 de Fevereiro de 2010, isaac1024 escribiu:
Bueno, a cuestión é que recentemente compreime o móvil
samsung H1, por
suposto con SO linux (LiMo), ainda que na páxina de limo fundation pon o
proxecto con uns ideais moi bonitos pareceme que é puro acicalamento (non
sei se alguén sabe algo desta distribución).
pero o colmo dos colmos é cando intento enchufar o móvil ao pc, resulta que
a aplicación que trae (necesaria para actualizar o SO LiMo) non trae
soporte para GNU-linux ¿sendo samsung un dos fundadores de LiMo só da
soporte para os seus móviles en windows? isto paréceme moi patético.
A cuestion é que gustaríame saber que opinades sobre isto e saber que me
recomendades ¿traiciono os meus ideais e instalo nunha particion windows
para poder usalo, tiro o móvil pola ventana,...? (con wine non o conseguín
usar e agora probarei cunha maquina virtual)