Hay que salir un poco a la calle ... que se note nuestra presencia , pasando
un poco a la accion y dejarse ver ...
Ben, hai tres liñas a seguir: a) a subversión de caña e caña, que nos
coñecerá todo o mundo pero probablemente academos fichados pola GC como
'cacada'; b) a políticamente correcta de dici-las cousas en bo son e ir coa
palabra 'tolerancia' por diante pero probablemente non academos nada; e c) a
intermedia de dici-las cousas coma son, sen queimarse coa vela pero dando
cera.
Destas tres penso que a máis axeitada é a c) e que capri fixo un manifesto
excelente nesa liña (noraboa). Podemos tomalo como exemplo de discurso. Eso
si, o que queira escoller a) ou b) é tan libre como o software que
defendemos ;-)
Pienso que los GUL ganarian mas si se estuvieran mas cohesionados y no tan
ramificados , uno por comunidad autonoma seria mas que
suficiente .
Non estou dacordo nisto: a resistencia dun sistema radica na súa
diversidade, e iso é o que hai nos LUGs en Galiza. O único que hai que facer
é falar, e pódoche dicir que a día de hoxe hai boa comunicación para os que
queren coordinar e facer cousas a prol do software libre.
Non te esquezas que as accións localizadas tamén son importantes e, por
exemplo, dame dúbida da capacidad dun hipotético LUG galego (posiblemente
asentado na capital) organizando unha linux party en O Porriño...
--
Rafa Couto (caligari)
mailto:rafacouto @gmail.com
Linux user #99126 (
http://counter.li.org)