Boas,
un compañeiro do choio anda buscando un curso de linux de iniciación,
xa que en Septembro vai poder facer un que xa é un pouco avanzado.
¿Coñecedes algún tutorial, páxina, etc ... recomendables?
Anda buscando algo relacionado con o sistema ( comandos, organización,
o que é un sistema de paquetes, etc... ), non tanto con o uso diario
dos programas, xa que para esa parte xa lle recomendei que instalase
unha distro facil e fuchicase.
Un saúdo.