Dende o grupo de Drupal de Galicia:
http://groups.drupal.org/node/241583
---------- Forwarded message ----------
Ola a todos e a todas,
Estamos buscando unha persoa con coñecementos avanzados de CSS, HTML e PHP
para desenvolver fundamentalmente proxectos de Comercio electrónico en
Drupal 7.
Ofrrecemos a formación integral en Drupal (niveis inicial, medio e
avanzado) e a formación particular en Drupal Commerce (a plataforma de
comercio electronico de Drupal)
O periodo de formación integral en Drupal empeza nun curso on line en canto
atopemos esa persoa e remata a finais de ano.
A formación particular en Drupal Commerce dámoslla nós durante 50 horas
(en xornadas de 10 horas d 10 a 2 e e 3 a 8) nunhas oficinas do espazo de
coworking The Room na Rúa de Santiago na Coruña (ou noutro lugar,
dependendo da procedencia da persoa seleccionada)
Durante estas 50 horas a persoa seleccionada non cobraría pero ao rematar
estas 50 horas, se demostra que é capaz de desenvolver un proxecto
autonomamente con Drupal Commerce pasaría a colaborar con nós e a cobrar
por hora de traballo.
Non lle podemos facer contrato como asalariado porque dependemos da carga
de traballo que teñamos: Se nós temos moito traballo el terá moito
traballo; menos ca nós pero moito traballo. O ideal sería que fose un
autónomo que nos puidese facturar por horas de traballo. En todo caso
considerariamolo/a de xeito peferente se algún día nos vemos na necesidade
de incorporar alguén ao noso equipo (esperamos que sexa así!).
Ao rematar as 50 horas de formación deberá de desprazarse a Melide e
traballar con nós no noso estudio no horario mencionado anteriormente e
como mínimo dúas veces á semana e entón cobraría polas horas de traballo
realizadas. As horas de traballo desenvoltas serán horas efectivas, non
se contan as horas empregadas para buscar información para resolver
problemas que puidesen xurdir durante o deseño dun sitio (configuración
dun módulo, personalización dun tema cos css...)
É imprescindible o dominio do inglés (a entrevista pode ser realizada en
inglés)
Queremos que sexa unha persoa honesta, traballadora, produtiva e curiosa,
con ganas de aprender e mellorar. (calquera destas condicións son, tamén,
imprescindibles).
Se a persoa seleccionada ten unha boa base en Drupal 7 podería saltar a
formación nos niveis inicial e medio. A formacion a nivel avanzado
ofreceriamoslla en calquera caso, así como a formación en Drupal Commerce.
O seleccionado/ a traballará fundamentalmente configurando módulos pero
debe saber, no momento de incorporarse ao noso equipo, como modificar as
tpl para customizar módulos ou temas, como crear un tema dende cero...)
Quen estea interesado/a que se poña en contacto comigo no teléfono
639503550para facer unha primeira seleccion. As persoas que se adapten
ao posto
terán que facer unha entrevista de traballo presencial
Por favor, chamade só os/as que credes que vos adaptades ao perfil exposto.
(Podedes chamar tamén os sábados e os domingos)
Read more at
http://groups.drupal.org/node/**241583<http://groups.drupal.org/node/241…
.