O Venres, 6 de Decembro de 2013 20:06:48 Jason P. escribiu:
¿Qué vos parecen este tipo de distros?
¿Aconsellaríadelas para un equipo
de traballo?
Eu aconsello Arch Linux para calquera uso. Creo que calquera persoa capaz de instalalo
(non é difícil se segues as instrucións do wiki) está a instalar a distribución coa que
quedará.
En realidade eu non uso Arch Linux que uso Chakra, e se prefires comodidade e
estabilidade, Chakra ou Manjaro poden ser mellores alternativas polo doado da instalación
e o extra de estabilidade que fornecen. Pero cada unha ten as súas peculiaridades, así que
infórmate ben sobre elas, e sobre que outras distribucións baseadas en Arch Linux hai. Por
exemplo, Chakra só che interesa se es un fanático de KDE.
As distribucións baseadas en Arch Linux son un bo xeito de probar un pouco da experiencia
Arch Linux. Pero en serio, eu de ti probaba a instalar Arch Linux, e se pasas esa proba,
de seguro has quedar con el.