Ola xente:
Logo de case un ano de espera para ver que é o que o novo goberno fará a prol
de Software Libre en Galicia, xa imos tendo certas novas.
Por un lado o documento de iniciativas:
http://imit.xunta.es/portal/documentos/iniciativasdeimpulsosoftwarelibre.ht…
Sen lugar a dúbidas unha presentación de 13 páxinas que describe as súas
intencións e que servirá como base para futuras xustificacións:
Para Educación:
Formación en usos didácticos en ferramentas en FLOSS.
Fomento de tradución ao galego de iniciativas de FLOSS.
Migración del servizo de correo electrónico a plataforma FLOSS.
Fomento de FLOSS en el despregue de Equipamento.
Despregue de soluciones software baseadas en FLOSS.
Publicación de contidos en formatos abertos na Web corporativa.
Para a Administración Pública en xeral (Impulso á utilización efectiva de
estándares abertos):
Procedemento para licenciar como software libre e de código de fontes abertas
o software propiedade da Xunta desenvolvido con fondos públicos.
Política para a utilización de documentos FLOSS na relación cos cidadáns.
Estudo de iniciativas de FLOSS noutros ámbitos da Administración.
Coas 3 universidades tamén faise colaboración en diferentes aspectos:
Localización / Tradución de software
Formación do persoal
Creación de paquetes de SwL para as distintas facultades
Actos de difusión
Axuda a proxectos de fin de carreira Libres
Creación de grupos de profesores de innovación docente
Laboratorio de boas prácticas de FLOSS
Cos GGULs aínda non se plasmou nada pero supoño que se fará cando se licite o
concurso para levar a futura
Mancomun.org.
Para non estenderme máis podedes descargarvos o documento para botarlle unha
ollada.
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>