--
Desde mi Android con GNU/Linux ;-)
Fran Dieguez <listas(a)mabishu.com> escribió:
Ola a tod@s, Co lanzamento da versión 3, o proxecto Gnome dá un enorme salto cualitativo
tanto dende o punto de vista tecnolóxico, como dende o punto de vista funcional. Deste
xeito, a nova versión representa a nova xeración do escritorio libre por excelencia. Para
difundir a trascendencia deste lanzamento, o vindeiro xoves 28 de abril na aula 3.1 da
Facultade de Informática da Universidade da Coruña, celebraremos a Gnome 3 Lauch Party
galega. Para profundizar axeitadamente en GNOME3, temos preparado o seguinte programa:
18:00 – 18:15 Presentación da GNOME 3 Launch Party Galicia 18:15 – 18:45 Presentación do
proxecto GNOME 18:45 – 19:15 Demo de GNOME 3 19:15 – 19:45 GNOME 3 galeguizado 19:45 –
20:00 Sorteo de agasallos entre os asistentes, incluíndo un portátil con GNOME 3!! A
Launch Party galega está sendo organizada pola Asociación Ghandalf en colaboración coas
Asociacións Gpul e a Asociación Trasno, contando co patrocinio da Xunta de Galicia a
través do
Convenio 2011 coas Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre. En base ao programa
exposto, percorreremos a interesante historia do proxecto GNOME, amosando as importantes
innovacións presentes tras do recente salto xeracional, para a continuación ver en acción
o que GNOME 3 nos ofrece, e coñecer de primeira man o intenso traballo da comunidade
galega de localización de Gnome, a cal posibilitou que todos nós poidamos gozar de GNOME 3
en galego dende o primeiro día. Para rematar a launch party, repartiremos agasallos entre
todos os asistentes. A maiores das camisolas, chapas, tazas, etc. conmemorativas do
lanzamento, tamén podes conseguir un portátil con Gnome 3, listo para que poidas empregar
a última versión deste exitoso escritorio libre! Saúdos -- Fran Dieguez Coordinator of
GNOME L10n Galician Team & GNOME Foundation Member
l10n.gnome.org/teams/gl -
frandieguez(a)gnome.org_____________________________________________
Guls mailing list Guls(a)mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls