O primeiro que hai que dicir é que en xeral eses routers caseiros son
unha autentica merda. Falo en xeral.
Eu tiven un SMC que bloqueaba o interfaz wifi de cando en vez. Non habia
semana q non se bloquease. Pensei q podia ser pola temperatura e
metinlle unha ventilación "made in feita na casa". Con iso amañouse o
problema, pero non de todo.
Agora teño un D-Link, que ainda q é mellor marca, o principio me deu
bastantes problemas. Actualicei o firmware e agora leva bastante tempo
funcionando á perfección.
O meu consello, ademais de que sexa unha marca decente, que sexa un
modelo non marcado como "caseiro". Por suposto con encriptación WPA, a
ser posible de contrasinal de paso AES. (persoalmente o WEP debería
estar vetado para calqueira que entenda minimamente de redes. Menos de 1
hora tardo eu en atopar a contraseña WEP.), así que xa sabes, WPA.
No meu traballo tiñamos un router Cisco, un pepino, pero penso que tamén
valeria unha pasta, chamabase Netgear,a familia, pero este é dos de
rascar o peto. jeje.
O dito, se non queres ter quebraderos de cabeza, un de boa calidade,
sobre todo se tes unha rede minimamente considerable, con equipos por
cable, equipos por rede, etc..