Boas.
Eu recomendoche que o fagas por pezas, así poderás elixir exactamente qué
queres no teu ordenador. Podrás ver a compatibilidade con GNU/Linux de
antemán e ademais montalo é unha experiencia.
XFCE non está mal para equipos pequenos, ainda que eu tiro máis por LXDE,
máis lixeiro. Pero xa se sabe, para gustos "entornos de escritorio" xD
Por Vigo non coñezo, son de Pontevedra, pero seguro que hai algún sitio, e
se non, sempre tes internet para atopar todo o que necesites.
Saudos
2010/3/21 PVG <pvianag(a)gmail.com>
Bo día galponeir@s.
Despois de fartarme de portátiles, cos seus inconvintes (medio quedarme
cego pola pantalla pequena, prestacions deficientes, sobr todo no que a
gaficos se refire, pouca marxe na modificación de harware, maior prezo,
prblemas de controladores pra GNU/Linux, etc etc etc) decidin deixarme de
tonterias e mercar un bo computador de torre.
Quero un bo equipo, imprescindible bo procesador, FSB e RAM de alta
velocidade. a tarxeta gráfica non me é importante, non son un friki dos
xogos.
Fundamental que sexa 100% compatíbel con controladores GNU/Linux, libres. A
maioría dos computadores de sobremesa o son, pero é algo importante xa que
somentes traballo con linux.
A(s) pregunta(s) é:
Por pezas? -> non se aforra moito
De marca? -> non me atrae a idea de pagar unha marca e ademais non podelo
adaptar ás miñas necesidades. (Liberdade 1 jeje)
Paga a pena mercar por internet algún equipo especifico? Teño experiencia
en Dell e estou satisfeito, ainda que non son un regalo precisamente.
Algún sitio en Vigo onde se poda conseguir todo isto....a bo prezo?
Xa que estamos, outra pregunta, que por preguntar non cobran:
Que experiencia tendes con xfce? Púxeno no ultraportatil da miña moza e
estou impresionado, pola eficiencia, pola utilidade, bo deseño.... e con
toda a compatibilidade de Gnome e kde. No que a ultraportatiles se refire
quédome indiscutibelmente co simpático rato xfce
Agado impaciente as vosas recomendacións e experiencias. Obrigado! Saudos a
todos
_______________________________________________
GALPon mailing list
GALPon(a)listas.galpon.org
https://listas.galpon.org/cgi-bin/mailman/listinfo/galpon
--
Alexandre Filgueira
www.linuxeame.net
PGP:
http://www.linuxeame.net/?page_id=206