Despois de ler todas as vosas opinions, súmome a rexeitar a absurda
propaganda política, na cal se fai patente que a suposta democracia non é
máis que unha ferramenta de "administración e control" da sociedade.
Non sei vos, pero eu non son dos que colaboro con ese circo. Alomenos espero
que non votedes a un ou outro partido polo simple feito de que no seu
programa escriban "apoiamos o software libre e o coñecemento", de igual
maneira que escriben "apoiamos as enerxías renovabeis" ou "fomentaremos o
emprego" e todas esas tonterías que din simlpemente como titulares de
eleccións. Sabemos de sobra que farán na feira segundo lles vaia nela, e
segundo o que podan tirar de beneficio.
De pouco sirve que apoien ao sw libre se destrúen emprego, destrúen a
educación ou a sanidade. Ao fin, o software libre non é tan importante.
PS.: Que saibades que ainda sigo escandalizado polo dos MAC de hai uns
dias!!!!