Coido que é o momento de fomentar as redes privadas.
Explícome. Hai moitos sitios na nosa cidade onde instalar unha rede
local é moi sinxelo e barato (Centros siciais, ASociación de veciños,
Comunidades, Universidades, Escolas, Institutos, etc... )
É dicir, "mini-party's"
Cando se pecha unha porta se abre unha xanela.
Outra posibillidade é unha "rede de redes" privadas, Wifi, sen saida a
internet, de xeito totalmente privado, e de acceso libre, para compartir
cos veciños mais achegados.
Cando se fai de maneira privada e sen saida a internet, ovbiamente os
contidos son mais escasos, pero a velocidade é moito maior e a
protección fronte aos organismos represivos tamén é maior.
A nivel de software existen numerosas fórmulas: Servidor directo ftp,
htttp, etc; DCC;
Vigo é unha área perfecta para desenvolver este tipo de redes.
Como diría Stallman "Compartir é bo! ", e non hai motivo para non facelo.
Teredes noticias miñas. Un saudo a todos