Coas últimas propostas, a orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria do
próximo sábado queda así:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2023
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2024
5.- Modificación dos estatutos
5.1.- Traducir os estatutos ao galego
5.2.- Declarar o galego como idioma da asociación
5.3.- Cambiar a sede da asociación
Se alguén quere incluír algún tema nesta orde, pode remitir unha
mensaxe a secretario(a)galpon.org, no grupo de Matrix ou no grupo de
Telegram, antes do venres ás 24.00 horas.