Ola,
Envío este email á rolda para presentarme.
O meu nome é Diego (pode que algún me coñeza como Kabute) e levo no mundo do
Software Libre dende o ano '96. Dende o ano 2000 son membro de GULO (LUG de
Ourense) onde tiven varios cargos na xunta directiva, tamén son un membro
(máis ben lurker) de GPUL. Así mesmo teño traballado en varios proxectos e
empresas de SL dende hai varios anos.
A miña intención tentando unirme a GALPON é coñecer a xente preocupada polo
Software e a Cultura Libre na zona de Vigo, así coma colaborar con proxectos
que podan resultar interesantes.
Polo de pronto tentarei asistir á "II Noite Drupal e GNU/Linux" da Cova dos
Ratos, a menos que se realice unha reunión de GALPON antes.
Un saúdo e grazas,
Kabute