--
Desde mi Android con GNU/Linux ;-)
Fran Dieguez <listas(a)mabishu.com> escribió:
Ola a tod@s, Co lanzamento da versión 3, o proxecto Gnome dá un enorme
salto cualitativo tanto dende o punto de vista tecnolóxico, como dende o
punto de vista funcional. Deste xeito, a nova versión representa a nova
xeración do escritorio libre por excelencia. Para difundir a trascendencia
deste lanzamento, o vindeiro xoves 28 de abril na aula 3.1 da Facultade de
Informática da Universidade da Coruña, celebraremos a Gnome 3 Lauch Party
galega. Para profundizar axeitadamente en GNOME3, temos preparado o seguinte
programa: 18:00 – 18:15 Presentación da GNOME 3 Launch Party Galicia 18:15 –
18:45 Presentación do proxecto GNOME 18:45 – 19:15 Demo de GNOME 3 19:15 –
19:45 GNOME 3 galeguizado 19:45 – 20:00 Sorteo de agasallos entre os
asistentes, incluíndo un portátil con GNOME 3!! A Launch Party galega está
sendo organizada pola Asociación Ghandalf en colaboración coas Asociacións
Gpul e a Asociación Trasno, contando co patrocinio da Xunta de Galicia a
través do Convenio 2011 coas Asociacións Galegas de Usuarios de Software
Libre. En base ao programa exposto, percorreremos a interesante historia do
proxecto GNOME, amosando as importantes innovacións presentes tras do
recente salto xeracional, para a continuación ver en acción o que GNOME 3
nos ofrece, e coñecer de primeira man o intenso traballo da comunidade
galega de localización de Gnome, a cal posibilitou que todos nós poidamos
gozar de GNOME 3 en galego dende o primeiro día. Para rematar a launch
party, repartiremos agasallos entre todos os asistentes. A maiores das
camisolas, chapas, tazas, etc. conmemorativas do lanzamento, tamén podes
conseguir un portátil con Gnome 3, listo para que poidas empregar a última
versión deste exitoso escritorio libre! Saúdos -- Fran Dieguez Coordinator
of GNOME L10n Galician Team & GNOME Foundation Member
l10n.gnome.org/teams/gl - frandieguez(a)gnome.org
------------------------------
Guls mailing list Guls(a)mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
_______________________________________________
GALPon mailing list
GALPon(a)listas.galpon.org