Hola xente, o outro día, Miguel (GLUG man) comentou na reunión que mantivemos
en Santiago algo que moitos de nós tamén sentimos que é o das meteduras de
pata das consellerías cando sacan a concurso ou mercan un software que outra
consellería xa fixo.
Pregunteille a Miguel si podería robarlle a idea e díxome que sí, así que
mando unha pregunta ó aire para saber qué pensades de poñer un sitio web (non
recomendo dentro dun LUG) para que calquera persoa poida denunciar estas
meteduras de pata da Xunta, incluindo tamén os concursos públicos onde se
solicita software privativo en lugar de Software Libre.
A idea iría indicada cara a Xunta e outros organismos públicos que son os que
empregan os nosos cartos.
¿Qué pensades?
Un cordial saúdo,
P.S. Por favor, absterse comentarios de cor política :-) Aquí a única cor é a
do Software Libre.
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>