Home, escollas o que escollas, se o interese é aprender, non escollas Basic.
Ninguén fai cousas en serio en Basic, e menos en Linux.
Se queres aprender como funcionan as cousas a baixo nivel, está C. Se aprendes
C, coñecer un pouco de C++ non será moito incordio.
Aínda que se che interesan as linguaxes orientadas a obxectos, Java está moi
ben. Eu aprendín algo este ano, e sorprendeume moi positivamente.
E se lle queres botar man aos scripts do sistema, bash scripting é básico :) .
Logo tes PHP ( webs dinámicas principalmente ) , Perl e Python, que se usan
más xeneralizadamente. E o linguaxe de scripts que está agora de moda é Ruby.
Creo que se tes una boa base en algunha destas linguaxes, pasar a outras será
doado. Pensa no que queres facer e decide :)
El Viernes, 31 de Agosto de 2007, Miguel Bouzada escribió:
Matizo a miña pescuda:
Hai anos, máis ou menos cando D. Paco era turuta, xa programaba en "basic",
asistin a clases de programación en "fortrand", digo "asistín" porque
xa
non me lembro de nada do que iba a cousa. Así como en basic, coa miña
"Amstrand" cheguei a facer cousas bonitas, co Fortrand nunca fixen nada
(desto hay 25anos ou máis.
Non pretendo aprender a programar para facerlle a competencia a MIguel de
Icaza :) senón para "entender" mellor algunhas cousas e poder, chegado o
momento facer algún axuste e/ou pequeno script.
Si a cousa se me presenta doadamente, é probable que de aquí a dous ou
cinco anos sexa capaz de "leer" un .src e saber de que vai.
Esa é a miña pretensión.