Lamento ter que disentir de Trisquel, foi a miña primeira opción á hora de
entrar nos SO libres e cáseque me fai voltar ao
Windows. Non ía nada ben en
canto a conexión a internet e algún que outro tema, pero o peor de todo é
que a súa lista de correo, foro, web ou o que queirades non funcionaban para
nada. Podías deixar unha dúbida que se tardaban meses en que alguén
respostase.
Con Ubuntu é outro cantar e o teño instalado en cantos ordenadores podo. No
portátil teño Galinux, pero penso que é unha perda de cartos e un
engañabobos. Si se presentase un convenio con Canonical ou se axudase
económicamente a colectivos que desenrolen Ubuntu ou realicen actividades de
software libre sería máis doado modificar a tendencia.
Totalmente dacordo contigo. Sobre o despilfarro xa nin pensalo, pero o
traballo que custa cartos de todos debería facerse pensando na comunidade...
¿Que pasa agora que ubuntu 8.10 vai mellor ca 8.04 que leva galinux? ¿E a
versión 64bits? ¿Por qué non están os pacotes de galego actualizados en
Ubuntu que, vaia por diante, é a distro máis usada (en Galicia tamén)?
Saúdos, RC
--
Rafa Couto -
http://caligari.treboada.net
GNU/Linux user #99126 -
http://counter.li.org