Bo día galponeir@s.
Despois de fartarme de portátiles, cos seus inconvintes (medio
quedarme cego pola pantalla pequena, prestacions deficientes, sobr todo
no que a gaficos se refire, pouca marxe na modificación de harware,
maior prezo, prblemas de controladores pra GNU/Linux, etc etc etc)
decidin deixarme de tonterias e mercar un bo computador de torre.
Quero un bo equipo, imprescindible bo procesador, FSB e RAM de alta
velocidade. a tarxeta gráfica non me é importante, non son un friki dos
xogos.
Fundamental que sexa 100% compatíbel con controladores GNU/Linux,
libres. A maioría dos computadores de sobremesa o son, pero é algo
importante xa que somentes traballo con linux.
A(s) pregunta(s) é:
Por pezas? -> non se aforra moito
De marca? -> non me atrae a idea de pagar unha marca e ademais non
podelo adaptar ás miñas necesidades. (Liberdade 1 jeje)
Paga a pena mercar por internet algún equipo especifico? Teño
experiencia en Dell e estou satisfeito, ainda que non son un regalo
precisamente.
Algún sitio en Vigo onde se poda conseguir todo isto....a bo prezo?
Xa que estamos, outra pregunta, que por preguntar non cobran:
Que experiencia tendes con xfce? Púxeno no ultraportatil da miña moza e
estou impresionado, pola eficiencia, pola utilidade, bo deseño.... e con
toda a compatibilidade de Gnome e kde. No que a ultraportatiles se
refire quédome indiscutibelmente co simpático rato xfce
Agado impaciente as vosas recomendacións e experiencias. Obrigado!
Saudos a todos