Hola xente:
Durante este ano 2007 a evolución do Software Libre en Galicia está sendo
apoiada coma sempre polos grupos galegos de GNU/Linux, a iniciativa
Mancomun.org do CESGA e a Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade
da Información da Xunta de Galicia.
Recentemente creouse AGASOL (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre)
da que se espera que saian interesantes proxectos para a economía galega no
campo das TIC.
Pero todavía atopámonos problemas moi importantes no eido da Educación,
Administracións Públicas (Concellos), Sanidade, etc onde non se está a facer
prácticamente nada a prol do Software Libre, hipotecando o futuro de todos os
galegos.
É por iso polo que imos seguir adiante co proxecto "istononvai.org" coma sitio
web de denuncia das actuacións irregulares que fagan as Administracións
Públicas en contra do Software Libre.
Polo tanto, procuramos o apoio e a colaboración de quen queira botar unha man
para mellorar a situación actual e poida aportar o seu gran de area.
Estou á vosa disposición para aclarar calquera dúbida.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>