Segunda notificación
lembrade, é dentro de 15 días
Isaac Abreu Rodríguez Secretario do Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra,
a indicación do Sr. Presidente, convoca a todos os socios a Asemblea Xeral
Ordinaria a celebrar o SÁBADO, 11 DE ABRIL, as 18:30 horas en primeira
convocatoria, e as 19:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2014
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2015
Así mesmo, convócase na mesma data SÁBADO, 11 DE ABRIL, a Asemblea Xeral
Extraordinaria as 19:30 en primeira convocatoria e as 20:00 en segunda
convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta
Directiva por impago de cotas.
As Asembleas terán lugar na «Residencia Altamar».
Prégase a asistencia de todos os socios (lembrar que para exercer o dereito
a voto, debe estarse ao día no pago da cota, lembrámosvos así mesmo que a
cota é por anos naturais).
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno»
http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo»
http://minino.galpon.org