Como tódolos anos, GALPon estará presente o día 25 de xullo na carpa do
Software Libre do Festigal (
http://www.festigal.com/). A nivel asociación o
noso cometido é informar da nosa laboura na provincia que nos atinxe e
darnos a coñecer ó resto do mundo.
A nivel socios, é o día onde nos xuntamos con moita máis xente de Galiza
relacionada co SL, i entre nós tamén. Por iso, como anos anteriores, estades
invitados tódolos socios de GALPon á comida que temos no propio Festigal. O
único que tedes que facer é enviar unha mensaxe a esta lista dicindo que
vides e así poderemos aprovisionar os billetes para a comida (tamén debedes
estar ó día do pago da cuota de socio).
Tamén, de paso que dicides que vides a Santiago, engadide se tedes coche e
podedes levar a alguén ou se precisades que vos leven. Así podemos
organizarnos pola lista de correo.
Aproveitando o galo e de que o sábado 26 é sábado de fin de mes e que
teríamos xuntanza informal en Vigo como de costume, decidimos que coa festa
que teremos en Santiago e como esperamos xuntarnos máis que en Vigo, pois
aprazamos este mes (só este mes) a xuntanza mensual.
¿Anótaste ó Festigal?
--
Rafa Couto -
http://caligari.treboada.net
GNU/Linux user #99126 -
http://counter.li.org