Boas a todos.
Eu tamén son usuario de R, e sospeitosamente e sen que eu me decatara de
nada, ao meu pai, que emprega GMail no OUtlook configurado no porto 25
(até antonte) deixoulle de enviar correo.
Despois de revisar todo e re-revisar, cambiei o porto ao 465, no que
tamen traballa GMail e voilá. Que pasou? Pensei. Pois non sei, sería
cousa de GMail.
E efectivamente, ao ler esto e probar en 4 ou 5 servidores, acaba de
elevarse a temperatura do meu sangue ata niveis insospeitados. Por
suposto cando remate de escribir esto collo o telféfono para chamar a
eses badulaques de R.
Por outra banda, dicirvos que ao ver que algun de vos tendes Tele2,
resulta que traballo no servizo técnico de Comunitel (absorvida por
Tele2 e quen provee de acceso a todos os cliente), na parte de PEME.
Quero dicir, que coñezo bastante ben o servizo. E teño que dicir que nin
Tele2 nin comunitel limita o acceso a ningun porto, nin prioriza
tráfico.
Estas ultimas semanas houbo problemas cos servidores DNS de madrid, pero
de todos xeitos, os mellores son os que hai aquí en Vigo (para os que
non o saiban Comunitel é unha empresa de Vigo que ata que a absorveu
Tele2 tiña moi boa fama entre as empresas).
O único que para o meu entender fai mal Comunitel é reservarse
totalmente o acceso aos routers. Tan só se permite aos usuarios
residencias (os do 1V), o acceso básico ao router por interfaz web para
cambiar parámetros básicos. Mais polo resto non hai ningunha limitación
en canto a tráfico.
Un problema que si está surxindo últimamente é que as empresas de Listas
negras están filtrando moi estrictamente os rangos de IP's de Comunitel
e eso afecta, obviamente ao correo-e de muitos clientes.
Se algún é cliente de Tele2 ou Comunitel e necesita calqueira
información estou para o que dispoña.
Outro "defecto": O servizo técnico só da soporte para guiar aos clientes
con...........tachan........tachan.......Windows! (e Mac)
En fin. Seguimos loitando.
Un saudo a todos
PVG
pvianag(a)gmail.com