Remito a xunta o resumo elaborado por Denís(GLUG) da xunta de guls celebrada
en Santiago.
O xeito exacto de articular esta entidade (unha federación de
asociacións, unha nova asociación, un encontro
informal ou o que
remate por ser) está aberta a debate,
Entendo que unha confederación pode ser unha asociación nova que agrupa ás
outras, para con isto, ter personalidade xurídica para poder poñer cousas a
nome dela e evitar o feito de que mancomun era ou é "unha pantasma" (de aí
que a marca galinux se puxera a nome dun particular).
Con esta fin acordouse crear unha rolda de correo
pechada onde estarán
representados cada un dos colectivos interesados en participar no
proceso constituínte.
Penso que a lista pechada non é bo para manter transparencia e non
explicades a pretensión de facelo en pechado. Xa se discutira na actual
lista de GULS que se prefería en aberto e incluso algúns querían que non só
pertenceran os GULS. O que si creo é que debe ser con firmas GPG e sen
anónimos. Hai xente que non está nas directivas e pode aportar cousas sen
ser filtrados ou teren que molestar a xunta directiva á que pertence (ou
varias)...
Ademáis de que non se pode asegurar "confidencialidade" e poría unha man que
sairán correos reenviados cando interese. Tamén está que os que apareceron
en nome de GULS é moi posible que non estean autorizados pola súa directiva,
e algúns guls puideron ir a xuntanza...
Saúdos, RC
--
Rafa Couto -
http://caligari.treboada.net
GNU/Linux user #99126 -
http://counter.li.org