El Jueves, 15 de Marzo de 2007, Carlos Rodriguez escribió:
Desde
Mancomun.org cremos que sería unha gran
oportunidade para os LUG
galegos encher este espazo. As xornadas terían lugar en Vilagarcía de
Arousa entre o 30 de abril e o 4 de maio e irían dirixidas a PEME. Todos
aqueles grupos de usuarios que esteades interesados en participar nestas
xornadas poñédevos en contacto o ANTES POSIBLE con Xoán Fernández de
Mancomun.org ( xoanf(a)cesga.es ) indicando, se é posible e de xeito
aproximativo, de que estaríades dispostos a falar e que cursos vos
gustaríades dar, se poderíades ir un ou varios días, cal sería o custe
aproximado...
Podedes poñervos en contacto conmigo tamén para enviar as solicitudes
(importante canto antes).
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>