Ola xente.
Son usurio de Ubuntu dende fai uns poucos anos, e aínda que nin moito
menos me considero un experto, non fuxo da consola e gústame ir
aprendendo a "fontanaría" de GNU/Linux de cando en cando, pero sempre
dende a comodidade que che da unha distro "out of the box" coma Ubuntu.
Básicamente funciona e non me teño que romper moito a cabeza. Se acaso
os bugs que padecín nunca foron críticos e o máis latoso e ter que
compilar os drivers wifi cada vez que se actualiza o kernel, como vedes
nada heroico jeje.
Agora que empezo a sentirme cómodo co sistema gustaríame dar un pasiño
máis. Concretamente cara unha distro rolling como pode ser Arch.
Básicamente porque me cadrou instalar Ubuntu sempre uns meses antes de
que saíse a LTS, e claro, alá por xullo, cando sae a primeira revisión
da mesma volta outra vez a instalar (non me digades porqué pero prefiro
instalar de cero que actualizar).
De ahí que me xurda a curiosidade por esas outras distros que funcionan
máis no canto da navalla e que aparentemente "só instalas unha vez"
(sempre que non pase nada fatal claro). Se ata o de agora non me
decantéi por unha foi porque non estou seguro de que me poidan ofrecer a
estabilidade suficiente para o equipo có que traballo a diario. Xa sei
que os parches saen rápido e que a comunidade, polo menos a de Arch, é
moi activa, pero non acabo de velo claro. A lo menos mentres algún
linuxero experto non me convenza do contrario ;)
¿Qué vos parecen este tipo de distros? ¿Aconsellaríadelas para un equipo
de traballo?
Un saúdo!