Hola xente:
Como sabedes, a Universidade de Vigo dispón de un servizo de TV dixital onde
retransmiten os eventos a todo o mundo a través de Internet.
O ano pasado eu falara co responsable deste servizo para comentarlle as
"pegas" que vira no sistema á hora de empregar GNU/Linux para a súa
visualización. Comentoume que estaba moi interesado en que se vexa o servizo
dende estes sistemas e que lle gustaría que fóramos probadores ou testers
dél.
Así tamén poderíamos facer unha guía para a xente que quere empregar o
sistema.
A páxina web do servizo é:
www.uvigo.tv
O que precisa é saber si somos capaces de acceder aos vídeos almacenados
e ao stream de directo e con que configuración.
Moitas grazas pola colaboración.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>