2008/11/8 boube <elboube(a)gmail.com>
Por lo que veo, en todas partes cuecen habas:
5.1. Obligaciones de TELE2
[ . . . ]
Tele2 se reserva la facultad de restringir o denegar el acceso a
direcciones de Internet o portales de Internet que violen las normas
legales vigentes.
Tele2 podrá bloquear el acceso al servicio de Internet o el acceso a enviar
correo electrónico vía protocolo SMTP si el número de correos
electrónicos enviados excede de 50 correos electrónicos en un periodo de
5 minutos.
Tele2 podrá bloquear los puertos usados por trafico SMTP dirigidos a
terceros proveedores de servicios de Internet.
Esto último significa que solo se puede enviar correo electrónico a través
del servidor SMTP de Tele2 asignado al acceso contratado por el Cliente.
[ . . . ]
Extraído de
www.tele2.es/internet/ADSL/ficheros/CGC-Tele2-adsl.pdf
Ahora la pregunta del millón, ¿ Hay alguna teleco sin estas cláusulas
abusivas en el contrato ?
Ó final vai tratarse dunha cuestión legal xa que se está a tratar un medio
de comunicación por un terceiro (proveedor) cando NON TEN NINGÚN DEREITO DE
REVISAR O CONTIDO NIN A QUEN SE ENVÍA. Máis cando a súa finalidade,
supostamente, segundo eles é evita-lo spam, pero calquera spammer sabe que
pode montar un proxy noutro porto en calquera parte do mundo e saltarse
estes controles.
Persoalmente son mal pensado e digo que o que tratan é de evitar que na súa
rede a xente monte servidores, xa que coa competencia terán que subir o
ancho de banda (non baixar de prezos) e están a monta-la contra...
O feito é que, xa cando Timofónica puxo o proxy transparente unilateralmente
para aforrar custes, non houbo xeito de votalo abaixo e algúns coma R
apúntase ó carro de controlar a información que transportan para os seus
clientes. Isto parece grave, ¿non si? ¿Que será o seguinte? ¿que non podemos
resolver o nome de dominio
galpon.org porque dicimos as cousas que non lle
interesan?
Creo que as asociacións de consumidores, ou os GUL's mesmo, que defenden a
liberdade do software e da información, deberíamos facer algo con este
capamento de liberdades (¿que opina a directiva Galpon?).
De momento, os de R, podedes ir chamando á atención ó cliente e abrir una
incidencia porque non funciona o envío de correo, que vos revisen a liña e,
se vos animades, pois a trocar de compañía que sae moito más barato noutras
(e se nota en tempos de crise) e non fan cacicadas destas :(
--
Rafa Couto -
http://caligari.treboada.net
GNU/Linux user #99126 -
http://counter.li.org