Pues a mi me parece muy inspirado.. un poco cursi pero entiendo porqué
lo dice.
Miguelanxo Otero Salgueiro escribió:
Carlos, hay que ir dejando las drogas...
Carlos Rodriguez escribió:
Hola xente.
Estes dous días que pasamos en Ames seguen a darme unha especie de
"packet injection" no meu corazón e revitalizando o meu sentimento
polo software libre e sobor de todo pola xente que está detrás dél.
Coñecín a dúas persoas que impactáronme no seu sentir e no seu amor
por este mundo coma Toni Hermoso de SoftCatalá ou Xavi de Blas co seu
LinuxShow cos que tiven a oportunidade de comer e compartir
experiencias. Son profesionais que me deron un punto de vista
diferente grazas ás súas vivencias. Din que o "Demo é máis sabio por
vello que por diaño" e polo tanto aprender deles é toda unha fonte de
sabiduría e coñecemento.
Complicidade, amizade e en xeral un sentimento bo coa xente de sempre
que xa nos coñecemos coma Roberto, Xocas, Pedro, Manuel, Carlos,
Miguel , Xabier e coa xente nova que tamén coñecín nos obradoiros
solventando as súas dúbidas e aumentando o seu interese polo Software
Libre.
Tan só quero darvos as grazas por contribuir á miña felicidade.
Tentarei compartir toda esta ledicia coa xente que me rodea e seguir
evanxelizando co Software Libre porque sei que a xente que está
detrás dél, é xente coma vós.
Para todos os que apoian o Software Libre, grazas, de todo corazón :-)
Un cordial saúdo,