Boas,
a idea é facer algo así como un marco dixital (para publicidade e grandes
pantallas) que soporte imaxes de varios formatos (jpg, png, gif...) e por
outro lado videos, sen necesidade de estar comprobando si é unha imaxe ou un
video lanzado o programa axeitado para velo (poque se notaría o corte).
Supoño que isto sería moi fácil de facer con un script recursivo (esto para
que actualice os ficheiros por si se copian novos), pero quería saber se
existía xa algo que evitase iso.
O que teño na cabeza:
for i in `ls directorio_multimedia`; do
tipo=`file $i`
if [[ $tipo == *JPEG* ]] then xview $i; sleep X; fkill -f .*xview.*
if [[ $tipo ==....
done
$0 -> recursividade para actualizar directorios
Cómo o vedes? Algunha suxerencia de programa? Podría facer todo esto con
mpalyer sobre fb?
Por outro lado, habría opción de apagar o encender o equipo sin un
WakeOnLan? Algo como que quede suspendido a certa hora, pero o cron siga
funcionando para poder sacalo do suspendido?
Saúde,
Álex González
--
Please, don't send me files with extensions: .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt
and/or .pptx
http://mirblu.com