Hola:
Falo dende o meu modesto punto de vista, pero, nos institutos e escolas
galegos (eu estiven en 4 de vigo) as licenzas nom se pagan (repito, foi a
miña experiencia) e os profesores normalmente non teñen nin idea, baseanse
nun libro ou en apuntes que fixeron hai anos pra dar "clase de
informatica" que, por desgracia, é como usar o M$ OFFICE e como crear
carpetas en M$ Windows.
O profesorado (non xeralizo, que non me esquezo da xente de
mancomun.org)
polo normal non esta interesado en "complicarse a vida" con linux e moito
menos a facer un esforzo por ter aulas de informatica decentemente
arranxadas.
Por outro lado, o presuposto da escola publica, normalmente non da pra ter
a algun profesor que poida dedicar o tempo que fai falla pra administrar
umha rede dun instituto, polo que pouco menos que se fai en tempo livre e
(no meu caso) ca colavoracion de alumnos.
Polo tanto, ou é a xunta quen "premia" o uso de software libre ou moito me
temo que o cambio que nos podemos dar é pouco menos que imperceptible.
Sin mais que engadir, un saudo.