Envíovos un pequeno resumo do máis importante do falado e acordado nas últimas
asembleas (realizadas o pasado 25 de marzo).
Na Asemblea Ordinaria, destacar o seguinte:
- O presidente confirma que a día de hoxe non se recibiu ningunha
comunicación da AMTEGA sobre a sinatura do convenio en 2023, polo que
acordamos que o presidente envíe unha mensaxe á AMTEGA.
Nota: Pouco despois das asembleas o presidente púxose en contacto coa
AMTEGA, que explicou que o atraso este ano é porque van cambiar a forma de
organizar o convenio.
- As persoas socias presentes están de acordo, unanimemente, en subir a cota
de 15€ anuais a 25€ anuais. Decídese propoñer a subida na lista da
asociación, para ver que opina o resto da asociación.
Na Asemblea Extraordinaria, destacar o seguinte:
- Acordouse escoller como membros da Xunta Directiva aos mesmos compoñentes
da anterior, a saber: Miguel Bouzada, Sergio Costas, Máximo Coejo e eu
mesmo, Adrián Chaves.
- Tamén demos de baixa a dous socios por, de forma reiterada, non pagar as
cotas.
Aquelas persoas que queiran ter copia das actas só teñen que solicitalo a
secretario(a)galpon.org e seranlle remitidas á conta que teña rexistrada na
asociación.