Para o esLibre necesitamos os seguintes equipamentos. Os que nos poidades
prestar agradeceranse, así non haberá que mercalos ou alugalos.
3 micrófonos tipo solapa/diadema, sen fíos (obviamente co seu receptor)
2 micrófonos de man, sen fíos (obviamente co seu receptor)
3 mesturadores con saída por USB (tipo U-Phoria UM2 de Behringer ou AIM-32
de E-lektron)
4 cámaras web,cunha resolución aceptábel (ideal 1080p), mellor que teñan
rosca para trípode na base
4 trípodes fotográficos (non é necesario que sexan pesados)
4 cables alongadores USB-A macho a USB-A femia
O próximo sábado xuntarémonos para falar disto. Os que non poidades
acercarse podedes responder por aquí.
Ola a todos.
Como o esLibre ten certa complexidade técnica, o próximo sábado 4, ás 16.00
horas, quedamos en A Industriosa para facer un simulacro de emisión por
streaming, a fin de que os voluntarios de organización coñezades a
ferramenta BBB e poder facer unha conexión de micros, interfaces USB,
teléfonos como webcam (con DroidCam), verificar o correcto funcionamento do
cliente DroidCam, etc.
En primeiro lugar, agradecer a todos os que ides vir como voluntarios de
organización a vosa asistencia.
En segundo lugar, lembrarvos que necesitaremos os trebellos que vos
solicitamos e ofrecestes, podedes achegárnolos á Industriosa o mesmo sábado
4 ou contactar comigo para que volos recolla calquera día desta semana
(antes do sábado).
Aos que tendes obrigas cos cativos e que o finde da esLibre tendes con vos
aos vosos cativos, lembrarvos que teremos dispoñíbel un servizo de coidados
de cativos ao voso dispor.
https://eslib.re/2022/coidados
Vémonos
Vou seguir coa quenda pedichona destes días, de cousas que necesitamos para
esLibre.
Necesitamos 4 teléfonos (smartphone) deses que tendes apartados por
obsoletos, queremos empregalos como cámaras de vídeo. o único que
necesitamos é que se lles poida instalar e funcionen coa apli DroidCam
(anexo o manual mellorado).
Só necesitamos que se conecten por wifi e incluso ata nin iso, sempre que
poidamos empregaremos conexión por cable.
Necesitamos, tamén, 8 computadores portátiles.
4 Deberán poder mover un navegador actualizado, recibir por USB o cable da
cámara e, tamén por USB unha interface de son.
Os outros 4 serán usados polos relatores e manexarán as presentacións
(solicitamos que as envíen en PDF), conectados aos videoproxectores. Sempre
haberá alguén que traia a presentación en formato odp ou MD e incluso
alguén pode traer algún vídeo.
Xa nos contaredes, agradecemos que sexa o antes posíbel, xa que senón
teremos que tramitar o xeito de alugalos e o tempo bótase enriba.