O bar onde imos facer o xantar está nas Travesas, na Rúa Manolo Martinez nº
15, tramo entre Fragoso e Florida.
Mapa de posición → https://osm.org/go/b9KgzUEA0--?m=
O bar en cuestión chámase «Pulpería Las Traviesas»
Podedes ver a imaxe anexa na que sitúo as opcións para aparcar.
Este aparcadoiro é unha finca privada, a diario en horas laborais ahi xente
cobrando, os sábados nunca vin a ninguén, e aparca quen quere de balde.
Pola zona media entre os dous puntos, onde a curva que fai a rúa Luís
Seoane, tanto indo car onde está o «noso» bar como cara ao Mercado é
probábel que a esas horas, como xa está pa piques de pechar o Mercado,
tamén haxa sitio
Outra posibilidade é o aparcadoiro municipal da rúa Castelao.
[image: aparcadoiroXantar19-11.png]
A xuntanza do fin de semana pasado, que non se fixo por estar varios de nós
na Xornada de Mugardos, celebrarase este sábado 5 a partires das 7 da
tarde, na cafetería Diversum na rúa Venezuela nº 35 (na baixada cara Simón
Bolivar e Ecuador). Nesta xuntanza decidiremos os últimos detalles cara o
xantar do 20 Aniversario.
Como sempre, a esta xuntanza pode asistir quen lle apeteza, iso si, so
terán voto os socios.
https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.232709&mlon=-8.719319&zoom=17#map=17…